Etanol de Galiza

Non é casual, nin retórico sinalar que Galiza non é descrptible en termos agrarios. O sector terciario, e o industrial constitúen hoxendía a fonte básica de riqueza e emprego da nación.
Daí que a noticia que ocupa hoxe os xornais na sección económica - 15 de marzo de 2008 - nas edicións de El País e La Voz estea centradas na defensa do sector nacional contra as importacións procedentes dos E.U.A.
Que esta defensa estea dirixida dende a Xunta, e en concreto dende a Consellería de Industria, sinala ás claras o cambio esencial que se está a dar na concepción misma da Xunta de Galiza, como un ente autónomo capaz de dinamizar e introducir no debate os temas económicos que afectan ao país. Se este proceso se dá co acordo da patronal sectorial, e é dirixido ao orgranismo estatal facilita que a integración país+industria+xunta estea crecendo co Bipartito.
Naval, eólico, agroindustria e finalmente industria de biocombustibles marcan os vieiros económicos dunha nova ligazón económica entre o país e o seu territorio.
A industria do etanol constitúe un elemento esencial na nova arquitectura enerxética do século XXI. Por tanto, un sector estratéxico que Galiza, ao contrario que en épocas pasadas, non pode desaproveitar para o seu crecemento.
Porque se de crecemento ordeado, e diversificado se trata, Galiza non pode manter un modelo económico centrado no sector da construcción.

O Éxito da moderación

O Bipartidismo sufriu con excepcionalidade a sua derrota esencial en Galiza. O Bloque puido, e acertou ao conseguir transmitir ao longo desta lexislatura,- e coa sua entrada no goberno da Xunta aínda máis reforzou- unha mensaxe centrada, moderada e con propostas alternativas, no económico e no social á cidadanía galega.
Anxo Quintana, e o seu equipo poden felicitarse de ter creado ao redor das suas consellerías de Cultura, Educación, Montes e Industria unha imaxe acorde co que moitos galegos esperamos.

O seus méritos na economía son exemplares, unha posta ao día, dunha xestión económica centrada en Galiza, que supere os últimos douscentos anos de anomalía económica e periferial a cal o Estado non deu solución algunha. Galiza como porta atlántica de Europa, cara a América e Asia.
Os proxectos dun sector eólico centrado na sua adecuada reversión de ingresos e innovación, a creación dun Banco de Terras, a defensa visceral, pero correcta nas formas dun sector naval en Ferrolterra e Rías Baixas dan de si moitos de abondo para xustificar no económico un voto diferente.
No social, a defensa do feito diferencial galego- a sua declinación demográfica, está tamén sinalando un modo diferente de artellar un país, e un voto máis igualado, con especial interese no só na mocidade, senón tamén no rural, e no mundo vilego tan crucial en Galiza.

O debate a tres bandas, entre os tres líderes galegos, constitúe un éxito esencial de Anxo Quintana, tanto no resultado das enquistas post debate, como no xeito mismo de ter logrado que se celebrara. Volverá a suceder algo así?

Tarifa Nocturna

Un tema estrela a considerar neste ano 2008 é a supresión da Tarifa Nocturna prevista para un 1 de xullo de 2008. E a sua substitución por unha nova tarifa que implica custos non opcións por parte dos consumidores, tal como reflexa o informe emitido polo Instituto enerxético de Galicia.
Analizando o Real Decreto 871/2007 que establece a sua supresión, e considerando as respostas sociais polos representantes políticos, Goberno da Xunta, Asociacións de Consumidores, proveedores de equipos eléctricos adoptados á tarifa, oposición e demais axentes sorprende que nun mar de concordancia agás o ministerio e as empresas produtoras, a medida legal estea prevista aplicarse.

En realidade, a medida está prevista aplicarse, dado que o PSG-PSOE a defende, e o BNG carece de capacidade de maniobra para opoñerse, dado as servidumes do pacto de Goberno.

A estratexia de desinformación do PSG-PSOE parte de, por un lado, mostras públicas de apoio ao Conselleiro de Industria na sua reclamación ao Ministerio para que manteñan a tarifa, unida incluso a unha proposición non de lei dictada polo Parlamento de Galicia, onde se insta a manter a tarifa nocturna e a establecer unha moratoria de 6 meses desde 1 de xullo, mentres se estudan as reclamacións, ao mesmo tempo temos as declaracións de campaña do PSG-PSOE recoñecendo que están a favor da anulación -xustificándoa- e denunciando as manipulacións creadas.

A tarifa nocturna, reintroduce un debate adiado en Galiza, como é o peso do sector enerxético na contribución da riqueza nacional, o uso das diferentes fontes enerxéticas, e o seu emprego como un input máis na competividade cara o resto do mundo.
Resulta contradictorio, que se apoie políticas baseadas nas rendas e nas infraestructuras, pero se desconecte o emprego do uso diferencial da potencia instalada versus o consumo real galego como un instrumento de política económica.
Relacionado. O Buff do Canon Hidroeléctrico, tag Economía