Sáb 31 Xul 2004

Que arda Galiza pode ser máis ca importante, pero este temiña ándame a me rondar pola cabeza con máis frenesí, até o punto que a familia tamén o ten na cabeza.
Iso me dá idea do mal encamiñadas que son as campañas contra o lume. Se en vez de “todos contra el fuego”, aparéceche un nacho cantando Del pita del, e en letras lexendadas, “non queimes o monte”. Até baixaban os fumes…
Nada hai de desonesto no spot; isto non vai de ir contra a coca-cola. Aire retro, onde estamos, anos 50 pola apoloxía do clasicismo da dona? Non molesta incluso que modifiquen o expresado na letra orixinal; Se é que realmente existe o idioma, dialecto, etc no que se canta - a través do Blog de Manuti temos o que supoño a letra (real) da canción(?)- porque o que o spot emana é claro: Beber.
O mundo ás veces, está máis parado para estas cousas simples: Beber.
O caso é que a canción existe, pertence a un dobre disco da compañía Dro, o tema concreto é unha canción cantada por Orleya Kas -na Internet non queda dabondo especificada a sua función só como voz cantante na canción, anque en Dro dan por feito a saída dun disco seu en solitario, polo que asumo outras capacidades en Orleya; para saber máis, nunha revista arxentina, falan do seu set “The exit”- no disco Punta del Este Chill Sessions.
Este dobre disco non é un froito casual. Na sua elaboración participa Alejandro Sean -a quen por certo polas cousas que ten o copy and past, uns e outros aproveitando a unha fonte en concreto transforman nun familiar Seonae, e enchen a Internet con esa errata, case se pode seguir o fío das copias, coas suas conseguintes erratas e mal gusto de recortar o que non interesa, sen citar, claro- un músico que xa se adentrara no chill out con ámbolos dous recopilatorios: Chill in India, Chill in Arabia.
E índa máis, que xa é indagar, ten tan sona o arxentino Alejandro Sean, que Cifu -para os non coñecidos Jesús Cifuentes, outrora cantante-músico de Celtas Cortos- tívoo traballando na producción do seu último disco: Cifu & La Calaña Sound.
Abreviando: Dro conseguiu que me interesara polo seu traballo, o Del pita Del heino de oír até aborrecelo, e o tal Alejandro Seoan, ten os seus 15 minutos ben gañados de gloria.
Ah, entereime que Cifu, ten vida propia. Gracias Del Pita Del