O Ministerio anuncia as subhastas de fondos públicos para novembro por un monto total de 5.000 millóns de euros; case un billón das antigas pesetas.
Os rumores da semana pasada son confirmados, o Estado vai mercar células hipotecarias e bonos de nova emisión con rating triple A ou similar.
Arquivado en Economía por Oscar Gonzalez 28.10.2008
Sen comentarios »
Como continuación a este apunte noso sobre a sempiterna Cidade da Cultura, o artigo de Dani Álvarez en Vieiros que retoma un tema non esquecido coa presentación dos orzamentos do ano 2009. O Monte Gaiás e a Cidade da Cultura.
Arquivado en Economía por Oscar Gonzalez 23.10.2008
Sen comentarios »
Como globo sonda ou filtración interesada, está dispoñíbel o borrador do futuro Fondo de Adquisición de Activos Financieros (FAAF) que o goberno do presidente Zapatero aprobou no mes de outubro.
En relación co que se autoriza a mercar a cambio dos fondos recaudados polo Estado mediante a emisión de débeda pública, esta é a lista oficiosa:
Cédulas hipotecarias e bonos de titulización respaldados por cédulas hipotecarias.
Requisitos.
- Calidade crediticia: Triple A (AAA).
- Emisión a posteriori do Real Decreto.
- Negociables no mercado.
- Duración non superior a 3 anos.
Ao respecto do risco asumido, a política di diversificación establece:
Cartera de adquisicións en firme:
Máximo dun 10% con un mesmo emisor ou cedente.
Cartera de adquisicións temporais:
Máximo do 10% con unha mesma entidade de contrapartida.
Máximo de un 10% con un mesmo emisor ou cedente do activo entregado como colateral.
Arquivado en Economía por Oscar Gonzalez 22.10.2008
Sen comentarios »